Programa saude menstrual inclusión Pontevedra

12 May, 2026 | Global, Norte

Programa saude menstrual inclusión Pontevedra

12 May, 2026 | Global, Norte

Programa saude menstrual inclusión Pontevedra

12 May, 2026 | Global, Norte

Programa saude menstrual inclusión Pontevedra

12 May, 2026 | Global, Norte

Programa saude menstrual inclusión Pontevedra

12 May, 2026 | Global, Norte

Saúde menstrual, igualdade e inclusión social desde o territorio

Desde 2020, Cromosomos X impulsa na provincia de Pontevedra un programa comunitario para mellorar a saúde menstrual e sexual, reducir o estigma asociado á menstruación e favorecer o benestar de persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade.

A través de obradoiros participativos, espazos seguros de diálogo, accións de sensibilización e formación a profesionais, o programa incorpora a saúde menstrual como unha cuestión vinculada aos dereitos humanos, á igualdade, aos coidados e á inclusión social.

A quen se dirixe?

O programa traballa especialmente con:

  • Infancia e adolescencia en centros educativos.
  • Mulleres do rural.
  • Persoas migrantes.
  • Comunidade xitana.
  • Persoas privadas de liberdade.
  • Mozas e mozos en recursos de protección.
  • Profesionais do ámbito educativo, social e comunitario.

 

Onde traballamos

O proxecto desenvólvese en distintos concellos da provincia de Pontevedra, entre eles Cambados, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Gondomar e Pontevedra, en colaboración con centros educativos, entidades sociais, servizos comunitarios e administracións públicas.

Que facemos

Desenvolvemos accións de educación menstrual e sexual desde unha metodoloxía socioafectiva, participativa e vivencial. Creamos espazos de confianza onde falar do corpo, da menstruación, do autocoidado, da sexualidade, dos tabús, da autoestima e dos dereitos.

Tamén acompañamos a entidades e profesionais para que poidan incorporar a saúde menstrual nas súas prácticas educativas, sociais e comunitarias.

O noso impacto

Entre 2020 e 2026, o programa acadou:

1.940 persoas participantes
225 sesións realizadas
40 profesionais formadas
32.734 persoas sensibilizadas

O proxecto contribuíu a mellorar o coñecemento sobre saúde menstrual, fortalecer a autonomía corporal, reducir tabús e consolidar unha rede territorial de colaboración entre centros educativos, entidades sociais e administracións públicas.

Unha liña pioneira en centros penitenciarios

Cromosomos X desenvolveu accións específicas no Centro Penitenciario da Lama e no CIS de Vigo, levando a educación menstrual e o acompañamento a un ámbito historicamente invisibilizado.

A partir desta experiencia, está prevista para 2026 a publicación dun Manual de boas prácticas para unha xestión menstrual digna en centros penitenciarios.

Alianzas que sosteñen o cambio

O programa desenvólvese en colaboración con concellos, centros educativos, entidades sociais e recursos comunitarios como Aldeas Infantiles, Arela, ACCEM, Cáritas, Cruz Vermella, Centros de Información á Muller e servizos sociais municipais.

Estas alianzas permiten ampliar o alcance do proxecto e garantir unha intervención adaptada ás distintas realidades do territorio.

Por unha saúde menstrual digna, inclusiva e libre de estigmas

A saúde menstrual continúa ocupando un lugar marxinal en moitos espazos educativos e sociais. Desde Cromosomos X seguimos traballando para que todas as persoas poidan acceder a información, recursos e espazos seguros para vivir os seus corpos con dignidade, autonomía e benestar.

Axúdasnos a seguir cambiando as regras?

0
0
Carrito
Tu carrito está vacíoVolver a tienda